20 setembro 2013

▬ Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery


Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery é un proxecto galego desenvolvido no IES San Rosendo de Mondoñedo  pola profesora de inglés  Ana Belén López Pérez. en colaboración con varios departamentos e coa biblioteca do instituo. No proxecto participaron centros de Turquía, Rumanía e Polonia. O seu traballo consistiú en profundizar no  coñecemento de Europa a través de libros infantís e xuvenís que tratan deste tema
O proxecto acadou o Selo de Calidade Nacional en España e Turquía.
A profesora Ana Belén López cóntanos sobre  o seu proxecto: 
                                                                                                               Ler máis...

15 setembro 2013

Acaba de abrirse o prazo de inscrición no curso eTwinning 2.0 do INTEF. Aqueles de vós interesados en realizar este curso gratuíto e online de formación en eTwinning, ide á páxina de preinscrición, buscade o curso e clicade nel. Tras rexistrarvos como usuarios seguide as instrucións deste documento ata formalizar a preinscrición.

O prazo de inscrición vai desde o 13 de ata as 9 horas do día 20 de setembro e a listaxe de admitidos sairá o 25 de setembro.

02 setembro 2013

Selo de Calidade Europeo 2013



O prazo para a solicitude de Selo de Calidade Nacional, no caso de que se desexe optar a Selo de Calidade Europeo 2013, estará aberto ata o 20 de setembro.

Non é necesario solicitar o Selo de Calidade Europeo. Este recoñecemento é concedido polo Servizo Central eTwinning (Bruxelas) a aqueles proxectos que consigan polo menos dous Selos de Calidade de dous Servizos Nacionais distintos. Ademais, o proxecto debe ser proposto para Selo de Calidade Europeo por polo menos un dos Servizos Nacionais que previamente concedan o devandito Selo.

O período de nominación a Selo de Calidade Europeo terá lugar do 17 ao 18 de outubro de 2013. Farase público o listado de proxectos galardonados co devandito recoñecemento o 22 de Outubro de 2013.

Só poderán participar na convocatoria a Premio Europeo eTwinning 2014 aqueles proxectos que obteñan o Selo de Calidade Europeo 2013.

Artigo do SNA: "Nueva guía rápida para solicitud de Sellos de Calidad"

Artigo do SNA: "Requisitos y procedimientos en la concesión de Sello de Calidad Europeo 2013"