07 dezembro 2015

G.T. EN CAMBRE

Durante os meses de novembro a maio, desenvolverase un Grupo de Traballo coa asesoría do CFR A Coruña no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, de Cambre, co título "Achegamento a eTwinning".

Para as docencias, os compañeiros deste centro contaron coa Embaixada eTwinning en Galicia, e é Susana Vázquez a encargada de axudalos no descubrimento das potencialidades do programa e das súas plataformas (eTwinningLive e TwinSpace)





As sesións serán repartidas ao longo do proceso de rexistro, planificación e desenvolvemento do proxecto e celebraranse en novembro, xaneiro e febreiro, nun total de 6 horas. Os materiais utilizados e os resultados publicados do traballo estarán enlazados na páxina GT CAMBRE do TwinSpace do proxecto de difusión da Embaixada.





Contacta connosco se queres informarte de cómo desenvolver un GT sobre eTwinning: 
embaixada.etwinning@gmail.com