09 julho 2016

Selo Nacional de Calidade

Acabamos de recibir a nova feliz de Ana Arias, veterana etwinner e exembaixadora en Galicia, de que o seu proxecto Call Me Maybe sobre teléfonos móbiles e internet entre os adolescentes foi galardonado cun Selo Nacional de Calidade.

O proxecto foi desenvolvido, tamén, a través dun blog , no que se recollen a maioría das propostas levadas a cabo. Estas realizáronse efundamentalmente en equipos internacionais que recollían alumnado dos catro centros participantes, Lituania, Polonia e Ucraíña, ademáis do CPI Tino Grandío.

O traballo por equipos distribuíuse da seguinte maneira:
logo do proxecto Call Me Maybe
  1. Equipo 1: realizou un diccionario multilingüe de linguaxe de SMS e redes sociais nas diferentes linguas dos países dos centros participantes e en inglés. Recóllense nunha presentación colaborativa e ademáis houbo diversas actividades adicionais como mapas mentais.
  2. Equipo 2: estivo ao cargo dunha enquisa nas catro comunidades educativas sobre o uso de móbiles e internet. Os resultados recóllense nun documento e no blog do proxecto.
  3. Equipo 3: realizou unha presentación sobre a historia do télefono desde o punto de vista oficial e o persoal do alumnado participante. Esta visión persoal recóllese en varios Vokis realizados polo alumnado.
  4. Equipo 4: traballou a posible evolución dos móbiles no futuro reflectido nunha presentación e ademáis estivo a cargo da preparación do blog para recoller todo o material dos catro grupos.

Parabéns, Ana, para ti, os teus socios e os vosos alumnos!