14 junho 2017

eTwinning no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo

eTwinning no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo
por Patricia Conde Pardo

No curso 2016-2017, dentro do Plan de Formación en Centros do IES Álvaro Cunqueiro celebráronse unhas xornadas eTwinning nas que participaron profesores de distintas disciplinas tales como bioloxía, inglés, música e lingua española.


Tiven o privilexio de impartir a formación en eTwinning en dito centro a un grupo de profesores moi entusiastas e participativos.

A coordinación do seminario correu a cargo de Begoña Davila Rodríguez, profesora titular do IES Álvaro Cunqueiro, e contou coa aprobación e supervisión de Concepción Pazos Oya desde o CFR de Vigo.


Para a maioría do profesorado participante era o primeiro contacto con eTwinning pero todos amosaron grande interese polas posibilidades ofrecidas pola plataforma.

A formación tivo lugar no centro nas datas 25 de xaneiro, 8 de febrero e 8 de marzo de 2017 e despóis da última sesión o profesorado deseñou unha proposta de proxecto multidisciplinar sobre a “Celebración da Primavera” que finalmente desenvolveron con éxito xunto cun socio en Italia. Podedes visitar o seu TwinSpace: https://twinspace.etwinning.net/40624

A sua andaina en eTwinning non puido empezar con mellor pé. Só cabe desexarlles moitos éxitos máis.


04 junho 2017

eTwinning no CFR de Ferrol

O martes 30 de maio tivo lugar no Centro de Formación e Recursos de Ferrol unha sesión  de tres horas de formación sobre eTwinning.

O CFR de Ferrol está a desenvolver a Asociación escolar KA2 Raising achievement together a vision for European schools que van traballar tamén na plataforma eTwinning.

Directores e profesores de centros de ensino de Ferrol xuntamente cos asesores do CFR, o representante de eTwinning en Galicia Ángel Sebastián e unha das embaixadoras na comunidade fixeron un repaso das oportunidades que eTwinning ofrece para o traballo en proxectos Erasmus+.

26 abril 2017

eTwinning no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis


O mércores 26 de abril tivo lugar unha sesión de formación sobre eTwinning no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis dentro do seu Plan de Formación en centros.





Un grupo de 21 profesores recibíu formación sobre eTwinning.
Nun momento da sesión,  fixeron propostas de proxectos nun padlet colaborativo.
Estas propostas viñan dadas por proxectos que xa están a  desenvolver no centro e que poderían ser traballados nun futuro con socios europeos.



Desexámoslles os maiores éxitos na súa andaina en eTwinning!!!!





Made with Padlet

30 março 2017

eTwinning na EOI de Vilagarcía de Arousa

O 23 de marzo de 2017 tivemos unha sesión de formación na EOI de Vilagarcía de Arousa dentro do seu plan de formación permanente sobre traballo colaborativo e PBL, tamén vinculada ao KA104 que veñen de solicitar.



20 março 2017

Gañadores e finalistas dos premios 2017

       O día 13 de marzo saíron os/as gañadores/as e finalistas dos premios eTwinning 2017. Os nosos parabéns para Estíbaliz de Miguel Vallés  do I.E.S. JUAN DE MAIRENA en San Sebastian de los Reyes, e mais Elsa Estaire do IES San Juan Bautista, Madrid; por seren as únicas do noso país premiadas, co seu proxecto EU Games 2015-2016 
 

17 março 2017

Embaixadores eTwinning

Este vídeo do SNA explica a función que realizan os embaixadores e como atopalos en eTwinning live.


28 fevereiro 2017

Convocatorias de Premios Nacionais e Accións Formativas eTwinning


Vense de publicar no BOE a Convocatoria de "Eventos de formación eTwinning 2017" (Resolución de 17 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades), pola que se convocan prazas de asistencia a eventos de formación dentro do marco da acción eTwinning. Ver máis información

Igualmente, está publicada a convocatoria de "Premios Nacionales eTwinning 2017", na resolución de 15 de febreiro de 2017 da mesma Secretaría, para os proxectos desenvolvidos total ou parcialmente no curso 2015/16. As solicitudes poderán levarse a cabo ata o 22 de marzo. Ver máis información