▬ Te cuento, me cuentas un cuento (artigo completo)


Neste proxecto, os alumnos de Terceiro de Educación Primaria do Colexio Internacional SEK-Atlántico, da man da profesora Susana Fontán, colaboraron cun colexio italiano, tomando como punto de partida o estudo dos contos tradicionais.

Comenzamos estudando o noso entorno máis cercano (a historia do Mosteiro de Poio e da súa Biblioteca e a historia de pobo de Combarro) para logo realizar adaptacións de dous contos populares: “Hansel e Gretel”, onde os protagonistas empezaban a súa historia en Italia pero esta remabata no Mosteiro de Poio e “A pequeña serea”, na que a figura dun Colón galego rescataba a unha pequeña serea do mar contaminado e a agochaba nun hórreo, e logo esta a axudaba a atopar un tesouro no mar de Rande co que podía empezar a súa aventura na procura de novos mundos.





O proxecto rematou co estudo da obra de D. Quixote, poñéndolle o punto e final o Día do Libro cunha lectura en común de varios anacos da obra a través dunha videoconferencia alternando a lectura alumnos españois e italianos.


Ao longo do proxecto as TIC tiveron un papel primordial, tanto no traballo individual dos alumnos como nas videoconferencias nas que presentaban os seus traballos ou realizaban tarefas en común cos seus compañeiros italianos.


A experiencia foi… ¡MOI POSITIVA!